IA para empresas: axentes, chatbots e LLMs
Dicímosche onde a IA che aforra traballo de verdade e poñémola a funcionar cos teus datos.
Unha IA para empresas é un asistente, un axente ou un modelo que traballa cos datos do teu negocio e di de onde saca cada resposta. Podko plantéxao para pemes de Galicia, desde unha consultoría que decide que procesos merecen IA ata un chatbot para a túa web ou un modelo en produción co custo medido.
Sen fume: resultados medidos.
Produciónllama-3.3
Tempo de resposta habitual
0,84 s
Tempo de resposta nos casos máis lentos
2,10 s
Tokens servidos
31,4 M
Custo por millón
0,48 €
Custo do período 15,07 € · 0 erros 5xx · 1 reinicio programado
Axentes, chatbots e consultoría
Se queres que unha tarefa se faga soa, mira automatización- Consultoría: que procesos merecen IA e cales non, por escrito
- Chatbot para a túa web que responde cos teus documentos
- Axentes que consultan o teu ERP ou CRM con permisos acoutados
- Respostas con fonte: o bot di de onde saca cada dato
- Paso a unha persoa cando a pregunta o esixe
- Formación para que o teu equipo use e revise a IA
Modelos en produción (LLMs)
Cóntanos o teu caso- Escolla do modelo cunha proba propia
- vLLM, cuantización e caché de respostas
- GPU dedicada ou API, segundo o volume
- Tempo de resposta medido: o habitual e o dos casos máis lentos
- Custo por millón de tokens e por petición
- Rexistro de prompts e respostas con retención acordada